
Todo nesta vida ten un principio e un final, un punto de partida onde comeza a nosa andadura en un destino onde acaba, unha orixe que convén ter moi presente para dar os diferentes pasos da nosa vida, un orixe que para min, ninguén debería esquecer.
A min, por moitas voltas que me dé a vida sei quen son e de onde veño, e é algo que está moi presente en cada paso que dou. Sei que son dun concello pequeno, dun concello rural, dun lugar onde o sector primario é o gran medio de subsistencia das familias, dun lugar que teña o que teña sempre será o meu lugar. Un sitio donde fun un neno feliz, donde medrei como persona e ser humano, donde forxei o meu futuro e onde recibín todo o amor habido e por haber. Como moitos de vós sabedes, estoume referindo á miña querida "Trabada", un concello cunha poboación avellentada, pero que para min non deixa de ser un pozo de sabiduría, un concello que conta con poucos habitantes pero para min con moitas persoas, un lugar no que levo 10 anos sen vivir pero nunca deixo de ir en canto podo. Sei que Trabada é o meu orixe, e iso axudame día a día a camiñar cara o meu destino.
Queridos amigos, na Conveción do PP en Sevilla decateime de moitas cousas, pero sobre todo, que o PP tiña moi claro de onde viña, cal era a súa orixe e, partindo desa base, estaba a poñer os cimentos do seu futuro, de hacia onde iba, de cal era o seu destino.
Intres antes do comezo dunha das conferencias, entrou no plenario D. Manuel Fraga Iribarne, e acto seguido, tódolos alí presentes puxeronse en pé e adicaronlle unha sonora ovación. Iso era o fiel reflexo de que todos cantos alí estabamos tiñamos moi claro cal era a orixe deste gran partido, de que sen D. Manuel estas páxinas da historia estarían sen escribir, de que a orixe sempre ten que ser parte do destino, e de que cada vez que queremos construir o futuro temos que mirar ó pasado. Ainda que neste caso, ese pasado é un presente, e ese presente segue a traballar para conseguir un futuro mellor.
Estaba claro, tiñamos o exemplo diante dos nosos ollos, unha persoa que sendo a orixe seguía estando na construcción dun futuro. Un exemplo do que debe ser un político, un exemplo de traballo, de dedicación, de capacidade, un exemplo que se identificaba plenamente co lema da convención "Podes Confiar", un exemplo que nos fixo ser como somos e crer no que cremos.
Querido amig@s, o Partido Popular saliu máis unido ca nunca, cun proxecto sólido de futuro, demostrando que é a gran alternativa de goberno, como un gran equipo e unha gran familia...e na miña modesta opinión, iso non sería posible se nos esqueceramos de cal é a nosa orixe.



